V CARREIRA CARNEIRO Ó ESPETO 2017

V CARREIRA CARNEIRO Ó ESPETO 2017

O Club de Atletismo +9 Moraña, en colaboración co Concello de Moraña, a Deputación de Pontevedra e La Caixa, organiza a Carreira Carneiro ó Espeto 2017, que terá lugar o domingo 23 de xullo a partir das 10:30 horas, estando situadas a saída e a meta na Rúa 5 de Santa Lucía (Moraña).
Prégase aos atletas de todas as categorías entreguen un kilo de comida non perecedeira no lugar de entrega de dorsais, xa que é unha carreira solidaria.
Menú especial para os atletas composto por empanada, carneiro ó espeto, postre, bebida e café. O prezo será 20 euros (coa inscrición da carreira incluída). Para os familiares que desexen menú, o prezo será de 15 euros). Para reservar menú a data límite de inscrición será o 15 de xullo ás 23:59 h.

Toda a información e inscripción, neste enlace.

Deixa un Comentario

Your email address will not be published.