Historia da Festa do Carneiro ao Espeto®
Descubre 50 anos da nosa Historia
Historia
50 años de Percorrido
Ano tras ano, coma se dun ritual se tratase, comezan os preparativos, ponse o sol, chega a noite e arranca un novo día. Neste amencer, é onde os anacos de leña de carballo comezan lentamente a facer o seu cometido. Son as seis da mañá, e esa ducia de expertos asadores comezan a súa labor, que se prolongará durante máis de sete horas, tempo preciso para que a carne alcance o punto xusto de sabor. A Carballeira de Santa Lucía (ou “Da Fonte Alta” para algúns) convírtese, normalmente baixo un sol abrasador, no esceario perfecto para degustar o Carneiro ao Espeto. Unha tradición que se remonta 50 anos atrás no tempo.
Antecedentes
Un asado traído dende a Arxentina
Xa existe evidencia oral de que en 1923 foi asado deste xeito en Moraña un carneiro. é obrigatorio mencionar ao Sr. Eduardo Fariña Peña, nado en 1900 e que voltou á España en 1934, traendo do seu paso pola Arxentina os asados ao estilo pampero. Unha vez no noso país continúa co que mellor sabe, experto neste técnica, fará centos de asados en Galicia.
A súa fama exténdese ata o punto de que as personalidades da época o reclaman pola súa maestría.
En diferentes comunicados de prensa vemos que se atribúe a D. Eduardo a orixe da Festa do Carneiro, e isto non é correcto, non foi o precursos nin asará na festa, sen embargo e sen dúbida será o “maestro” de moitos asadores de Moraña.
Da “Festa da Xuventude” á “Festa do Carneiro”
A mocidade de Moraña mantén viva a chama
Por iniciativa do sacerdote de Saiáns José Lago Cambeiro e dun grupo de xoves de Moraña, nace en 1963 en Moraña a denominada “Festa da Xuventude”, unha celebración que buscaba involucrar na súa organización aos máis novos do pobo. Era alcalde de Moraña neste momento D. Laurentino Castro, e esta celebración respondía á necesidade dunha festa no centro da vila, que representaría a todas as parroquias xuntas, ya que facía anos que se deixara de celebrar a festa de Santa Lucía na Praza del Concello.
Eran tiempos con pouca liberdade de expresión baixo unha forte dictadura, tempos nos que o galego tivo todos os obstáculos. Malia todo non se detiveron e lograron obter os primeiros cartaces en galego, un logro para esta epoca. En 1969 comparten cartel a “Festa da Xuventude” e a “I Festa do Carneiro”, con datas que tamén cambiarían, xa que inicialmente se celebraba o primeiro domingo de agosto. Ao coincidir coas festas do Albariño e o desembarco Vikingo, decidiuse encaixala no derradeiro domingo de Xullo.
Unha evolución constante
A Festa vai medrando cos anos
A Festa do Carneiro ao Espeto® comezaba tímidamente, con poucas unidades e rociado coa famosa salsa “ágilis mójilis” e con moi poucos comensales: apenas 3 ou 4 mesas compostas por veciños de Moraña.
En 1970 queda implantado o menú pero con reserva, onde por un módico precio correspondía a cada lote para 16 persoas un carneiro, 50 sardiñas, pementos de Herbón, pan de millo e trigo e una “ola” de viño do país.
A medida que pasa o tiempo, comprobamos polos titulares da prensa que miles de persoas comparten xornada cada ano na mítica carballeira cada ano, e que cada edición supera á anterior.
Últimas Edicións
O Concello toma o relevo
Nos anos 90, o Concello de Moraña ten que facerse cargo da organización da Festa, ao non poder os mozos seguir adiante coa mesma. É nese momento, cando a Festa do Carneiro ao Espeto® da un paso definitivo na súa evolución, comezando a aumentar en gran medida o número de comensales e lotes, xunto á mellora nas actividades e espectáculos que acompañan a celebración. Ademais, a principios de século, conséguese a denominación de Festa de Interese Turístico Galego, outro espaldarazo que aumenta o seu caché e a convirte nunha festa de referencia do noso país.
Así chegamos ás 50 primeiras edicións, medio século de historia dun camiño labrado a pulso por todos os morañeses e morañesas e que convertiron a Festa do Carneiro ao Espeto® no gran referente das celebracións gastronómicas actuais. Unha festa imperdible e que merece a pena descubrir e disfrutar.